Colaboradores

Contamos cunha amplísima rede de despachos cos que mantemos unha estreita colaboración o que nos permite ofrecer un mellor servizo tanto pola conveniencia dunha maior proximidade xeográfica co cliente ou por razóns de maior especialización.

Balianza

Gigirey Abogados é Socio Fundador de Balianza, Rede de Abogados.

Sociedade, con domicilio social en A Coruña e formada por cinco despachos de Abogados Fundadores que son:

  • Bufete Pieltain Fuertes, de Ferrol
  • Bufete Iglesias Ares, de Vigo
  • Del Rio - Velasco, Abogados de Pontevedra
  • Cendon, Viejo, Carballo, Avogados, de Vigo
  • Gigirey Abogados, de A Coruña

e que entre outros fins, é unha Organización que presta un servizo xurídico integral a particulares e Compañías, tanto de Galicia, como de todo o Territorio Nacional e no necesario, na Comunidade Económica Europea e en calquera pais do mundo, a través dos nosos despachos colaboradores, cos que desde hai anos mantemos frecuentes contactos e colaboracións. Atópase en permanente fase de expansión pero ao mesmo tempo ben asentada en bos profesionais, de reconocido prestixio.

Leban Recover

Gigirey Abogados é igualmente Socio Fundador, desta Sociedade con domicilio social en Madrid, e fundada por varios despachos que coordinan, representan e cubren todo o territorio nacional. Ten como Socios tanto aos despachos fundadores como a outros moitos que se foron incorporando desde o seu nacemento. Son despachos con ampla experiencia no exercicio da abogacía e especialmente, todos eles, con recoñecida traxectoria no exercicio do recobro de carteiras de asuntos pre e contenciosos de Entidades Financieras e Sociedades Mercantís. Está integrada actualmente por máis de cento treinta despachos e probablemente poida considerarse como a organización de Avogados nacional con máis despachos incorporados.